Tw in FB Cal

No programa formativo do Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa intégranse dous ámbitos de especialización fondamente interrelacionados:

  • a creación e dirección de empresas,
  • a xestión da innovación, a tecnoloxía e a calidade.

Son dous pasos interligados dunha proposta formativa integral.

creación de empresas constitúe un primeiro chanzo inexcusábel para promover o maior crecemento e desenvolvemento económico garantes do benestar social. En especial, ese paso cara maiores cotas de riqueza e benestar dáse a través da creación de empresas capaces de pór en valor novas tecnoloxías e novos coñecementos.

Un segundo chanzo para avanzar na mellora social a través da competitividade empresarial constitúeo unha eficaz dirección e xestión de empresas.

Non obstante, e no actual cadro de globalización e competencia, a creación e a dirección e xestión de empresas deben ser rexidas pola innovación, a tecnoloxía e a calidade como factores estratéxicos e de transversalidade. No contexto actual, o crecemento económico e a mellora do benestar non asenta apenas en crear novo coñecemento e novas tecnoloxías senón moi especificamente na capacidade para xestionar eficazmente ambos, póndoos en valor como recursos competitivos a través dos cales se podan crear novos produtos de mercado e procesos produtivos ou ben mellorar os existentes. Unha eficaz dirección e xestión de empresas vai hoxe en día indisolubelmente ligada, mesmo subordinada, á xestión da innovación, a tecnoloxía e a calidade. As empresas deben comprender esta esixencia e incorporar na súa estratexia estes ámbitos de xestión.

 

 ACREDITACIÓN FAVORABLE