Complementos formativos para os alumnos non titulados en Administración e Dirección de Empresas
Existe docencia on-line de iniciación, así como titorías on-line e presenciais, da materia "Sistemas de información financeira para a empresa", antes de comezar a docencia regrada desa materia.
Outras actividades complementarias
Ao longo do curso indicaranse as actividades complementarias programadas.
Actividades complementarias programadas no curso 2014-2015:
Data: 1/12/2014
Título: O Control de Xestión. Unha ferramenta (e saída) profesional valiosa en tempos de crise
Programa:
- 18:30 Apertura xornada. Dna. Elena Rivo López, Decana da FCETOU.
- 18.40 “As funcións dun sistema de control de xestión”. D. Ernesto López-Valeiras. (Profesor do departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo).
- 18:55 “A relevancia da planificación e control para a competitividade empresarial”. D. Alberto Pavón (Controller en Adolfo Domínguez).
- 19:10 “O cálculo de custos para a toma de decisións na empresa”. D. Germán Fernández. (Responsable de Custos en Frigolouro [Grupo Coren]).
- 19:25 “Colaboración universidade-empresa no deseño e implantación de sistemas de control de xestión”. D. Vicente Ripoll (Profesor do departamento de Contabilidade da Universidade de Valencia; experto en transferencia universidade-empresa no ámbito do control de xestión).
- 19:40 Mesa redonda-debate.
- 20:00 Clausura xornada.
Data: 12/12/2014
Título: Visita a Inditex (Arteixo-A Coruña)
Programa:
- Visita á zona comercial de Zara. Área de deseño e patronaxe.
- Visita á primeira tenda piloto (imaxe, escaparatismo, etc).
- Traslado a unha das fábricas. Exposición do proceso de corte e acabado.
- Visita ao centro loxístico. Exposición da distribución en tendas.