Tw in FB Cal

O Máster Creación, Dirección e Innovación na Empresa ten unha duración de 90 créditos ECTS, dos cales 60 son de docencia teórico-práctica e 30 corresponden a prácticas en empresas ou en organizacións de soporte á investigación e innovación (centros de innovación, centros tecnolóxicos, parque tecnolóxico, etc.) e un traballo fin de Máster.

Este Máster impártese en modalidade semipresencial.

Comprende 3 cuadrimestres académicos:

  • Os dous cuadrimestres do curso 2016-2017 destinaranse ao desenvolvemento dos 60 créditos teórico-prácticos (correspondentes aos 3 primeiros módulos formativos: (1) Temas avanzados de economía e xestión de empresas, (2) Creación de empresas, (3) Xestión da innovación, a tecnoloxía e a calidade).
    A docencia impartirase no período comprendido entre setembro de 2016 e maio de 2017, en sesións de venres tarde e sábado de mañá. Ocasionalmente tamén haberá docencia en sesións de xoves tarde.
  • Ao longo da segunda metade do ano 2017 desenvolveranse as prácticas e levarase a cabo a elaboración e defensa pública ante un tribunal do traballo fin de Máster (ambas actividades corresponden ao cuarto módulo: Especialización e traballo fin de Máster).