Tw in FB Cal

OBXECTIVOS

O Máster, de 90 créditos ECTS, propón unha especialización en creación, dirección e innovación na empresa. Trátase dun programa de orientación interdisciplinar e vocación internacional dirixido a persoas procedentes de diferentes disciplinas que desexen adquirir as competencias, actitudes e habilidades necesarias para:

  1. Mellorar a eficacia directiva e a competitividade das organizacións das que formen parte (a tal fin deseñouse o primeiro módulo formativo: Temas avanzados de economía e xestión de empresas).
  2. Crear e dirixir eficazmente novos proxectos empresariais -en especial empresas asentadas no coñecemento e a tecnoloxía- (a tal fin deseñouse o segundo módulo formativo: Creación de empresas).
  3. Levar a cabo actividades relacionadas coa xestión da innovación, a tecnoloxía e a calidade en calquera tipo de organización: actividades de xestión da innovación en empresas, clusters, plataformas tecnolóxicas, centros de innovación e tecnolóxicos ou agrupacións empresariais, procesos de desenvolvemento de produtos ou servizos novos, programas de dinamización da innovación en organizacións privadas ou administracións públicas, tarefas de xestión en departamentos de I+D, prestación de servizos de I+D+i, posta en funcionamento e xestión de actividades de prestación de servizos tecnolóxicos, implantación de sistemas de xestión da calidade, integración de sistemas de xestión da calidade, xestión medioambiental, de prevención de riscos laborais e de responsabilidade social corporativa, avaliación e autoavaliación da calidade, etc. (a tal fin deseñouse o terceiro módulo formativo: Xestión da innovación, a tecnoloxía e a calidade).

É obxectivo deste Máster formar persoal co coñecemento da realidade que habitan e a capacidade de liderado e a cultura innovadora indispensábeis para xerir e participar en proxectos empresariais que acrecenten de forma verdadeiramente tanxíbel a capacidade innovadora da estrutura económica na que se insiren. Neste sentido, procúrase achegar unha visión global e estratéxica das empresas e das características das contornas en que estas desenvolven a súa actividade, xa que unicamente desde unha perspectiva integral se poderá facer fronte aos requirimentos e desafíos dun ambiente económico en continuo cambio e de carácter complexo.

 

 COMPETENCIAS