Tw in FB Cal

O perfil de alumno/a idóneo/a para realizar este Máster é o dunha persoa capaz de traballar en equipo e de utilizar as tecnoloxías da información, con habilidades comunicativas, coñecedora dos conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, disposta a identificar e desenvolver iniciativas empresariais, a xestionar e administrar unha empresa ou institución pública ou privada, capaz de integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización.

Colectivo 1:

Graduadas/os e licenciadas/os en Administración e Dirección de Empresas ou en Economía.

PRAZAS: 15

Colectivo 2:

Graduadas/os, licenciadas/os, enxeñeiras/os superiores e técnicas/os, arquitectas/os superiores e técnicas/os ou diplomadas/os de titulacións diferentes ás do colectivo anterior.

PRAZAS: 10

No suposto de que non se cubran ou queden desertas prazas dun colectivo, acumularanse ás do outro colectivo.