Tw in FB Cal
  1. Para acceder ás ensinanzas oficiais de Máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
  2. Así mesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao. Neste caso os aspirantes deberán presentar a correspondente solicitude de equivalencia de título.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Como criterio principal considerarase a adecuación da formación académica previa do alumnado, reflectiva no seu expediente persoal, títulos acadados e cualificacións (100% experiencia académica). Como criterios complementarios consideraranse a experiencia profesional e traxectoria persoal expostas no currículum vitae completo do alumnado (50% experiencia laboral e 50% outros méritos).

ORGANO DE DECISIÓN

Servizos administrativos do centro

CRITERIOS DE RECOÑECEMENTO E VALIDACIÓN DE APRENDIZAXES PREVIAS

Como criterio fundamental empregarase a coincidencia nos programas das materias nunha porcentaxe de, ao menos, o 60%. A partir da documentación achegada polos solicitantes das validacións, a Comisión Académica decidirá sobre os recoñecementos que procedan, elaborando un informe motivado en caso de rexeitamento.

A Comisión Académica do Máster está formada polos seguintes membros: Ana Gueimonde Canto, Beatriz González Sánchez, Isabel Diéguez Castrillón, Elena Gallego Rodríguez, Mª de la Cruz Del Río Rama, Lorenzo Rodríguez Comesaña, Alberto Vaquero García.