MATRÍCULA A TEMPO COMPLETO
O/a alumno/a que opte por realizar matrícula a tempo completo terá que se matricular na totalidade dos 60 créditos ECTS que se ofertan para o curso 2014-2015.
MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL
O/a alumno/a que opte por realizar matrícula a tempo parcial terá que se matricular, como mínimo, en 24 créditos ECTS por curso académico.
Os/as alumnos/as que soliciten matrícula en réxime de tempo completo teñen preferencia sobre os que soliciten matrícula en réxime de tempo parcial.
O número máximo de anos nos que se poderá cursar unha titulación a tempo parcial será o duplo da súa duración a tempo completo.
MATRÍCULA EN RÉXIME DE FORMACIÓN CONTINUA
A modalidade de matrícula en réxime de formación continua estabelécese para aquelas persoas que, con independencia da titulación que posúan e sen que cumpran necesariamente as condicións de acceso ao título, desexen matricularse en todos ou algún dos módulos ou materias do título.
A admisión de alumnas/os segundo esta modalidade está condicionada á existencia de prazas dispoñíbeis unha vez computadas as matrículas a tempo completo e a tempo parcial.