Tw in FB Cal

A mobilidade internacional de profesores/as e estudantes realizarase co apoio da Oficina de Relacións Internacionais (ORI) e da Conselleira EURES (EURopean Employment Services) da Universidade de Vigo, así como da Responsábel de Relacións Internacionais da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (Exchange students).

Coa axuda e apoio desas persoas e servizos, promoverase a participación do profesorado e alumnado en convocatorias públicas de mobilidade e cooperación no ámbito internacional.

En concreto, en canto á mobilidade dos estudantes, procurarase a súa participación nos seguintes programas:

  • Programa Erasmus, de mobilidade de estudantes entre universidades europeas.
  • Programa ISEP (International Student Exchange Programme), de mobilidade de estudantes entre Europa e EEUU.
  • Programa de intercambio propio da Universidade de Vigo, de mobilidade de estudantes da Universidade de Vigo a universidades de distintos países do mundo coas cales existe convenio bilateral.
  • Programa de axudas para favorecer a mobilidade de estudantes de másters oficiais, do Ministerio de Educación y Ciencia.
  • Programa europeo de formación profesional Leonardo da Vinci, enmarcado no Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP) da Unión Europea, para estadías transnacionais de formación en empresas.